lunes, 28 de diciembre de 2015

A fume de carozo

Agardo que esteades pasando unhas boas vacacións.
Logo desta semana de desconexión,pero agardo que non total,vouvos ir empezando a colgar tarefas para ir collendo ritmo.Intentade facelas o mellor posible,apuntando as dúbidas ou comentarios.Sen esquecer de volver a mirar as que xa están colgadas,para repasar e acomodar,mellor se cabe,as aprendizaxes.
Hai tempo para todo,así que cargando pilas.

Comezamos con lengua:
ANAYA

ANAYA

ANAYA







sábado, 19 de diciembre de 2015

O Demo Asubiador

E despois de tantos esforzos  e ensaios...este é o resultado de tanto traballo...sen dúbida mereceu a pena.
Gozade con el.
Moitas gracias a todos.





Bo Nadal

Xa estamos de vacacións,pero iso non significa que teñamos que desconectar totalmente das nosas tarefas...

Pero antes de nada,aquí vos deixo o voso traballo artístico...moitas gracias.







martes, 24 de noviembre de 2015

REPASO

Lembrádevos de repasar cada un dos temas elexidos de ciencias sociais e naturais.
De repasar os exercicios de mates que vos dei e dos diptongos e hiatos.Tedes na sección de linguas exercicios on-line de diptongos e hiatos.

E sobre todo de preguntar as dúbidas.


luisamariaarias.wordpress.com

ESQUEMAS RÍOS

Rubén segue a mostrarnos os seus esquemas...os vosos os estamos agardando.





sábado, 21 de noviembre de 2015

EXERCICIOS TIPO DE EXAME DE MATEMÁTICAS

Como dentro de pouco comezaremos cos exames,déixovos esta serie de exercicios tipo,que poden aparecer no examen de mates.
Practicade e as dúbidas comentádemas o luns.


Santillana



INVESTIGACIÓN


Para realizar a tarefa de investigación sobre o horto,déixovos aquí este enlace.
https://www.cocopot.es/

A ver que descubrides tanto nesta tarefa coma na de Galileo Galilei.

Vos poño tamén as tarefas.



ANAYA
ANAYA

                         

martes, 17 de noviembre de 2015

lunes, 16 de noviembre de 2015

TRABALLO RÍOS DE ESPAÑA

Como vedes Rubén xa nos trouxo o seu traballo sobre os ríos de España,onde nacen e onde desembocan.Moi interesante.Agardamos os vosos.

Rubén Alonso Comesaña

TAREFA MATEMÁTICA DECIMAIS

Aquí vos deixo a tarefa a realizar:

  1. Recorta 5 produtos co seu prezo do folleto que vos dei.
  2. Pégaos no caderno,numerándoas do 1 ó 5.
  3. Realiza as seguinte preguntas sobre os produtos elexidos:   
               Que diferencia de prezo hai entre o primeiro produto e o cuarto?
                Se no primeiro produto 1kg costa....(por o prezo do primeiro produto), canto custan 2kg?
               Canto custa o total da compra?
                Ordena de maior a menor?
              Se teño 20€ e merco 2kg do primeiro produto e 3kg do quinto,canto me sobra?

sábado, 14 de noviembre de 2015

RÍOS

Ola rapaces e rapazas...agardo que o pasarades moi ben de excursión e aprendérades moito...O luns xa me contades.
Agora toca volverse por as pilas, que en nada estamos no Nadal.Xa sabedes hai que repasar tódolos contidos vistos,pouco a pouco...mirade onde tedes dúbidas e as comentamos todos na aula.

Lembrade as actividades propostas:

  1. Rematar esquema do tema 10 de coñecemento.
  2. Tarefas pendentes da clase.
  3. Buscar onde nacen,onde se atopan e algunha curiosidade dos seguintes ríos:
                  Eo,Navia,Nervión,Miño,Douro,Guadalquivir,Guadiana,Segura,Xúquer(Júcar) e Ebro.

Deixovos esta actividade on-line para ir prácticando.

Enrique Alonso 2011-2013




sábado, 7 de noviembre de 2015

TAREFAS DE REPASO DE MATEMÁTICAS

Como vos dixera,deixovos aquí estas tarefas para practicar.
Revisade os apuntes se tedes dúbidas e xa sabedes que o luns preguntádeme todo o que non saibades.


https://drive.google.com/file/d/0B4SVZG8_60D7SnFabVBDSFhIQzg/view?usp=sharing

EXCURSIÓN

Rapaces/zas...este venres día 13 imos de excursión á Coruña (Casa das Ciencias,Domus...).Sairemos ás 9:00,polo que hai que chegar puntuais e voltaremos sobre as 18.00-19.00.A hora de chegada a Vigo será aproximada.
O luns xa vos dou máis información.
Pasade boa fin de semana e aprendede moito.

jueves, 5 de noviembre de 2015

miércoles, 4 de noviembre de 2015

CUADERNIÑO DE COMO FACER UN ESQUEMA


Para ir adentrándonos máis neste mundo dos esquemas,aquí vos deixo este cuaderniño que nos servirá para mellorar a aprendizaxe deste contido.

https://drive.google.com/file/d/0B4SVZG8_60D7OGMzSTFLNFEyN2M/view?usp=sharing




TAREFAS DE MATEMÁTICAS E DE LÓXICA DE HOXE (4-11-15)

Estas tarefas son as tarefas de hoxe da clase,que deben estar feitas para mañá.


 

 


ESQUEMAS DAS PLANTAS E DO CLIMA


Rubén trouxonos estes dous esquemas moi interesantes,que nos poden axudar na nosa aprendizaxe.



RUBÉN ALONSO COMESAÑA




RUBÉN ALONSO COMESAÑA

ESQUEMA NÚMEROS NATURAIS

Sofía tróuxonos este esquema dos números naturais,botádelle unha olla...Está moi interesante.

SOFÍA FARO LAMEIRO

ESQUEMAS NUTRICIÓN DOS ANIMAIS


Xa estamos empezando a darlle forma  a eses esquemas.Aquí van os primeiros...


FUNCIÓN DE NUTRICIÓN DOS ANIMAIS


CELIA SOLER GONZÁLEZ

                                  
                                                      NEREA MARTÍNEZ COSTAS


                                          A FUNCIÓN DE RELACIÓN DOS ANIMAIS



                      
                                  NEREA MARTÍNEZ COSTAS






CELIA SOLER GONZÁLEZ




REPASO DE DIPTONGOS...

Esta tarefa foi a que realizamos na fin de semana,témola que correxir.



martes, 3 de noviembre de 2015

Rapaces/zas,que vos parece se empezamos a investigar cuns sinxelos experimentos.Este que vos presento é o primeiro deles e ten que ver con algo que xa coñecemos.Podédelos facer na casa e gravalo ou sacarlle fotos,para logo subilo ó blogue. Farémolos,tamén na aula.
A ver quen nos sorprende!

laeduteca

TIPOS DE CÉLULAS

Neste enlace poderedes repasar o tipo de células,ampliar coñecementos e asimilar novos conceptos.


ANAYA

PAUTAS PARA REALIZAR UN ESQUEMA

Hai un par de días que estamos a aprender a realizar esquemas,pero aínda nos custa un pouco,así que aquí vos deixo estas pautas para levalo a cabo.


AGORA A PRACTICAR

lunes, 2 de noviembre de 2015

ESQUEMA TEMA 2 CIENCIAS

Rapaces/zas, lembrade que xa tiñamos que ter feito o esquema do tema 2 de ciencias(Os Animais).
En canto os teñades colgarémolos no blogue.

Deixovos,mentras estas actividades on-line,para ir practicando.


Santillana en red


PROYECTO "ABRE LA PUERTA" : 5º CURSO - UNIDAD 2 : "Los animales"

PROBA SISTEMA SOLAR

Aqui vos deixo unha das probas que fixestes,para ver como van esas aprendizaxes.
Repasádea,para ver os erros e no que hai que mellorar.



TAREFAS ON-LINE SOBRE DIPTONGOS...

juntadeandalucia



joaquincarrion
http://www.editorialteide.es/elearning/Primaria.asp?IdJuego=782&IdTipoJuego=7

joaquincarrion









ESQUEMA DIPTONGOS,HIATOS E TRIPTONGOS

Aquí vos deixo o esquema,que xa fixeramos na clase sobre os diptongos,hiatos e triptongos.
Repasadeo,facede as tarefas e preguntade as dúbidas.



ESQUEMA

domingo, 1 de noviembre de 2015

NÚMEROS DECIMAIS

Estes días ,como sabedes,estamos a practicar os números decimais.A parte da información que xa vos dei e as tarefas que realizamos,déixovos estas actividades on-line e en pdf.
Xa sabedes que toda a información a maiores que fagades (esquemas,resumos,actividades...) podémola colgar aquí.Así que ánimo e a aprender.


ESQUEMA NÚMEROS DECIMAIS
Proyecto La Casa del Saber Santillana







eltanquematematico





joaquincarrion





juntadeandalucia


GUIÓN

Aquí vos deixo un guión,que vos servirá de axuda á hora de realizar as descripcións dos animais elexidos.
Como digo. na parte final do mesmo,facédeoo o máis completo posible.E xa sabedes que sempre podedes aportar algo da vosa colleita.

TRABALLO

Como vexo,os traballos sobre os animais van vento en popa,seguide así.E lembrade que a data límite de presentación é o 23 de novembro.

Déixovos  o dossier cos datos do traballo,para que o teñades máis a man.